¿No tienes cuenta?

Regístrate

¿Ya eres usuario?

Entra en tu cuenta

O conéctate con

O Cafés Candelas Breogán asina a Emir Sulejmanovic

O ala pivot bosnio procede do Fuenlabrada de ACB. A pasada tempada xogou na Cibona de Zagreb

Emir Sulejmanovic nun encontro co Barcelona B ante o Breogán /

Emir Sulejmanovic é novo xogador do Cafés Candelas Breogán. O ala-pivot bosnio de 22 anos e 2,06 metros de altura chega ao cadro celeste para xogar na LEB Oro tras comezar a campaña no Fuenlabrada de ACB. O xogador estará cedido no cadro lucense ata finalizar a tempada.

Emir Sulejmanovic, nun encontro coa Cibona / Fiba

Sulejmanovic xoga habitualmente no posto de 4 e a pasada tempada xogou na Cibona de Zagreb croata, co que xogou na liga do país, na Adriática, e na Europa CUP. Foi internacional nas categorías inferiores con Finlandia, xa que a súa familia emigrou a ese país, e na actualidade decidiu participar nas competicións internacionais con Bosnia Herzegovina.

Aos seus 22 anos xa xogou tamén as 3 tempadas anteriores no Barcelona B, incluso debutando en Euroliga co primeiro equipo. Tamén militou no Olimpija de Ljubljana esloveno tamén participou na liga do país sendo junior.

Na última tempada co Barcelona B en LEB Oro (2015/2016), con 20 anos promediou 12,5 puntos por partido, un 55,3% en tiros de dous, un 30,9% en triples e un 52,7% en tiros libres, capturando 8,6 rebotes e facendo 14 de valoración.

Accións destacadas de Emir Sulejmanovic na campaña 2015/2016 co Barcelona B

Coa Cibona de Zagreb promediou a pasada tempada 15,2 minutos por partido, un 48% en tiros de campo, un 25% en tiros de 3 puntos e un 55% en tiros libres, facendo 6,77 puntos de media. Capturou tamén 4,37 rebotes por encontro.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?