¿No tienes cuenta?

Regístrate

¿Ya eres usuario?

Entra en tu cuenta

O conéctate con

PRINCESA DE ASTURIASTajani: "Cuando los tribunales dictan una sentencia, se aplica y punto"

Los Suaves reciben a Medalla de Ouro da provincia de Ourense

Yosi Domínguez agradeceu “con toda modestia, humildade e respecto” a distinción coa que os honra a Deputación de Ourense, e tivo palabras de lembranza para os membros que integraron o grupo ao longo da súa traxectoria, ”todos deixaron un fondo poso”, afirmou.

El presidente de la Diputación, Manuel Baltar, y los miembros de Los Suaves a lo largo de toda su trayectoria. /

Os integrantes do grupo ourensán de rock Los Suaves recibiron onte a Medalla de Ouro da Provincia de Ourense, nun acto institucional que tivo lugar no Salón de Plenos da Deputación de Ourense, presidido polo titular do goberno provincial, Manuel Baltar. Este recoñecemento xa fora aprobado polo pleno da Corporación Provincial en maio de 2016, determinando outorgarlle a distinción a este grupo de rock “como homenaxe e recoñecemento do noso pobo a toda unha longa traxectoria musical, chea de éxitos, nos que nunca faltou a permanente manifestación da súa ourensanía”.

Manuel Baltar estivo acompañado na Presidencia do Salón de Plenos polos irmáns Yosi e Charly Domínguez, e por integrantes da banda de rock nas súas diferentes etapas, ubicados nos escanos xunto a deputados provinciais. “Hoxe é un día grande para Ourense –afirmou Baltar-, ese Ourense que fala con letras de ouro dun dos fenómenos musicais máis importantes de España no último medio século. Hoxe, neste Salón de Plenos, vívese a homenaxe merecida aos que fixeron de Ourense unha referencia na música rock”.

Tralas palabras laudatorias, a cargo do historiador e profesor Afonso Vázquez-Monxardín; do compositor e columnista Jaime Noguerol, e do escritor Rodrigo Cota, o presidente da Deputación expresou no seu discurso que esta provincia “recoñece solemnemente a traxectoria de Los Suaves e a súa ourensanía, expresada día a día no seu permanente recordo desta terra que os viu nacer, un compromiso con Ourense que figura na súa bandeira e no seu emblema, que forma parte do seu ADN e que é unha auténtica proba de autoidentificación coa nosa provincia”.

Manuel Baltar destacou que Los Suaves “exhiben as características que a nosa personalidade como ourensáns vén forxando ao longo de séculos: traballo, creatividade e a nosa condición de emigrantes”, conta cunha exitosa traxectoria na que foron premiados como a mellor banda do país, cunha produción de once álbums de estudio, catro en directo e cinco compilatorios, “décadas de actividad, dunha historia de Ourense que podería levar o título: “De los suevos a los suaves”.

Baltar remarcou a “prolífica carreira” desta banda musical, “co seu potente directo, o mellor do país durante décadas” e afirmou que a Deputación de Ourense está disposta a seguir apoiando o legado de Los Suaves, “porque demostrastes que desde Ourense, tamén no terreo musical, pódese chegar directamente ao corazón de xeracións de admiradores que ven nas vosas composicións e no xeito de interpretalas, paixón, sentimento, vida e profesionalidade”. “Sodes Los Suaves -rematou Manuel Baltar-, os autores da banda sonora vital, a desta cidade, a desta provincia, esta “patria do corazón”, como figura no noso himno “Ourense no solpor”, de Manuel de Dios”.

Yosi Domínguez agradeceu “con toda modestia, humildade e respecto” a distinción coa que a Deputación de Ourense honra a Los Suaves, e no seu discurso tivo palabras de lembranza para todos os membros que integraron este grupo de rock ao longo da súa traxectoria, “todos, e cada un deles, deixaron un fondo poso”, dixo, e rematou cun “grazas, meu Ourense. ¡Viva Ourense!”.

O deputado provincial de Cultura, Manuel Doval, foi o encargado de ler a acta de concesión da distinción, na que se fan constar os merecementos para o expediente de honra e un recoñecemento aos integrantes de Los Suaves: Yosi Domínguez, Charly Domínguez, Alberto Cereijo, Fernando Calvo, Charly Domínguez e Tino Mojón, e aos outros músicos que deixaron a súa pegada na historia deste grupo de rock: Javier Domínguez, Ángel Barrio “Gelo”, Ramón Costoya “Moncho”, Ángel Ruiz, Carlos Costoya, Pepe Losada, Tony Valles, Tito Canolas, Carlos Romero e Alogo Mebuy “Hermes”, falecido en 2003. “Todos eles son merecedores do noso recordo, recoñecemento e admiración”, destacou Manuel Doval.

Trala lectura da acta o presidente da Deputación entregoulles a Yosi e Charly Domínguez a medalla e a certificación plenaria acreditativa. O acto rematou coa interpretación do himno de Ourense, a cargo do gaiteiro Marco Foxo, e posteriormente os homenaxeados, acompañados polo presidente, deputados provinciais e o público asistente ao acto, trasladáronse desde o Pazo provincial ao Centro Cultural “Marcos Valcárcel”, onde Los Suaves compartiron a homenaxe co público que seguiu a retransmisión do acto en directo. Á entrada do centro cultural, a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense interpretou o tema “Dolores se llamaba Lola”, en homenaxe a Los Suaves.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?