¿No tienes cuenta?

Regístrate

¿Ya eres usuario?

Entra en tu cuenta

O conéctate con

Os cazadores voltan ao monte

As consecuencias deste tempo tan fóra de lugar evidenciaranse tamén o domingo, porque empeza a tempada de caza menor e as expectativas non son moi optimistas

Ven pasando xa nos últimos anos, que nos nosos montes hai cada vez menos perdices, faisáns e lebres. A escaseza de choiva complica a situación. Porque debería ser outono, e no o está sendo.

Uns 12.000 cazadores da Provincia e 46.000 de todo Galicia están preparados para inaugurar este domingo a tempada de caza menor. Unha actividade que, segundo Javier Nogueira, presidente da Federación Galega de Caza, se ve afectada por mor das extraordinarias circunstancias climatolóxicas. Entre as consecuencias das altas temperaturas destacan a frondosidade dos montes, o cansacio máis rápido dos cans, e os rastros que deixan as presas que coa sequía son peores.

A parte positiva é que as temperaturas suaves axudaron a que os coellos se criasen mellor, provocando que os montes teñan máis e mellores exemplares.

Segundo Nogueira, que empece a temporada de caza menor axuda a loitar contra os lumes forestais intencionados. Se hai máis xente nos montes, os pirómanos téñeno máis difícil para atentar contra os mesmos.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?