¿No tienes cuenta?

Regístrate

¿Ya eres usuario?

Entra en tu cuenta

O conéctate con

O comité acusa a Ferroatlántica de suprimir axudas a entidades

Ferroatlántica, en Cee /

O Comité de empresa de Ferroatlántica Cee, Dumbría e Centrais Hidroeléctricas quere amosar o seu "malestar" co trato que a Dirección de Empresa do Grupo Ferroglobe está a ter coas entidades e asociacións que na comarca estaban recibindo algún tipo de axudas para o desenvolvemento das súas actividades deportivas culturais e doutros ámbitos, segundo sinala nun comunicado.

"Non existen razóns obxetivas e menos económicas que xustifiquen que non se sigan mantendo estas axudas, xa que nos 2 últimos anos colleitaron importantes beneficios das factorías e centrais da comarca pola explotación dos nosos recursos e cunha previsión de que así se manteña polo menos a curto prazo", explica no escrito.

O comité de empresa xa enviar o pasado 4 de outubro un escrito ao presidente de Ferroglobe, Javier López Madrid, no que reclamaba, co apoio dos alcaldes da comarca, o mantemento deste programa de axudas "que a día dehoxe non se está a cumprir".

"Non se está a reclamar esmola, reclámase, como xa o dixemos na loita mantida contra a venda das centrais, xustiza social, que a empresa revirta na comarca parte dos beneficios obtidos pola espoliación e explotaicón dos nosos recursos naturais, en inversión directa para creación de novos postos de traballo, nos concellos para a mellora do benestar e na entidades sociais para que poidan manter as suas actividades" argumenta o comité.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?