¿No tienes cuenta?

Regístrate

¿Ya eres usuario?

Entra en tu cuenta

O conéctate con

XADREZ

Excelente papel dos ourensáns en Lugo

En Lugo, tivo lugar a oitava edición do Aberto Cidade de Lugo, unha nova edición que contou con ata 60 participantes dos que, ata 6 deles, eran titulados internacionais

Excelente papel dos ourensáns na recente cita lucecense, VIII Open Internacional Cidade de Lugo /

A embaixada Ourensana fixose notar completando un importante papel, hai que comezar por salientar o 5º posto obtido por David Gómez (ano 1995) do Club Xadrez Ourense que sigue sumando puntos de cara ao seu obxectivo de converterse en Mestre FIDE ( Federación Internacional), obxetivo cada vez máis cercano e do que únicamente o separan 78 puntos, ( na actualidade conta con 2223 puntos Ránking).

Pola súa parte, Marcos Lorenzo (ano 1957) Liceo Ourensán, obtivo o 6º lugar, nunha moi boa actuación na que destacou, entre outras, a súa victoria ante o Mestre Internacional Diego Espiñeira.

Pero si cabe, as novas máis positivas e esperanzadoras para o xadrez provincial chegaron de máns dos máis xóvenes,así, o vixente bronce nacional de xadrez rápido Sub 14, Martín Gómez (ano 2003) do Club Xadrez Ourense, obtivo 3.5 puntos empatando ao 7º posto e destacando o seu empate ante o Mestre Internacional Cubano Arián González.

Tamén hai que salientar a positiva actuación de Mateo Díaz (ano 2003) e de Laura Gómez (ano 2005),ambos do Club Xadrez Ourense, e que, en ambos casos, realizaron postivas actuacións que lles serviron para aumentar o seu ránking internacional.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?