¿No tienes cuenta?

Regístrate

¿Ya eres usuario?

Entra en tu cuenta

O conéctate con

Os premios SERenidade chegan á súa sexta edición

O Museo do Pobo Galego, o grupo Breogán de investigación, o centro integrado de FP Lamas de Abade, o Foro Galego da Inmigración, os premios galegos da música Martín Códax e o Santiago Fútsal son os galardonados nesta edición

Os premios SERenidade chegan á súa sexta edición. Radio Galicia-Cadena SER, a emisora decana de Galicia, recoñece o papel e a contribución á sociedade de personalidades e institucións vinculadas a Galicia. Os galardóns entregaránse nunha gala que terá lugar o próximo 30 de novembro no Auditorio de Galicia.

O Museo do Pobo Galego recibe o premio porque "garda a memoria de Galicia, porque ó longo dos seus 40 anos de historia conseguiu mantela viva, un percorrido polo museo permite coñecer o máis destacado da nosa cultura, do noso pasado vinculado ó mar e a terra". O xurado destaca ademais ó Museo do Pobo Galego como a cabecera espiritual e simbólica da rede de museos antropolóxicos de Galicia.

Radio Galicia tamén recoñece ó Grupo Breogán de Investigación, unha iniciativa que comenza a funcionar no 2010 para "dar resposta á necesidade de aunar esforzos na investigación sobre o cancro de mama". Un dos últimos éxitos do consorcio Breogan é a identificación xunto con equipos de investigación de todo o mundo de 72 marcadores xenéticos que contribúen ao risco de desenvolver cancro de mama.

O Centro integrado de Formación Profesional Compostela, situado en Lamas de Abade, "polas súas aulas, pasaron ó longo de 50 anos, alumnos e alumnas de moitos puntos do estado español xa que é un dos centros con máis sona entre os estudantes de hostelería". Ten na súa traxectoria numerosos alumnos condecorados e cun éxito profesional e empresarial que son o testimonio dun traballo constante e riguroso na formación profesional.

Os premios SERenidade tamén recoñecen a labor solidaria do Foro Galego da Inmigración. Nun mundo cada vez mais individualista é necesario recoñecer a labor de asociacións e persoas a título individual que se preocupan polos outros, por eso poñemos o foco sobre unha organización que a cambio de nada, loita polos dereitos dos máis desprotexidos. O xurado destaca "o seu obxectivo é lograr que no mundo a migración sexa respectada como un Dereito Humano, así como acabar coa discriminación, o racismo e a xenofobia".

No ámbito deportivo, recibe o premio o Santiago Futsal. O clube cumple quince temporadas na Primeira división do fútbol sala. Nestes anos acumúlanse os premios, logrou gañar unha copa de España, unha recopa de Europa, unha supercopa de España e cinco copas Xunta entre outros. Nos últimos anos ven prestando unha atención especial a canteira e sobre todo ano tras ano consigue a admiración e o apoio da afición.

E os Premios Galegos da Música Martín Códax reciben o premio SERenidade por demostrar que "a unión entre o mundo empresarial e a cultura normalmente da bos resultados". A iniciativa de Músicos ao Vivo  de apoiar e promocionar ós músicos galegos, co patrocinio das bodegas Martín Códax, ven facendo emerxer a moitos rapaces novos, con talento que atopan así unha plataforma para dar a coñecer a sua música.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?