¿No tienes cuenta?

Regístrate

¿Ya eres usuario?

Entra en tu cuenta

O conéctate con

Cinco mil visitas celebraron a maioría de idade de Megaxove

Familias de toda Galicia participaron activamente nas máis de 30 actividades de lecer, deportivas e solidarias para todas as idades que ofrecía o salón.

Familias de toda Galicia participaron activamente nas máis de 30 actividades de lecer, deportivas e solidarias para todas as idades que ofrecía o salón. /

Logo de dous días de intensa actividade, Megaxove pechou as portas da súa 18ª edición convertido no lugar elexido por ó redor de 5.000 visitas que participaron activamente nas máis de 30 opcións que presentaban os expositores. Asociacións xuvenís, voluntariado e clubes deportivos aproveitaron a súa participación no Salón da Xuventude para dar a coñecer o labor que realizan durante todo o ano.

A última xornada do Salón estivo marcada pola celebración de dúas probas deportivas con gran tradición como o Torneo de Xadrez Megaxove organizado polo Clube Xadrez Ourense e no que participaron preto de 40 rapaces de entre 6 e 16 anos. Tamén de celebraron dúas minicompeticións de atletismo que contou coa participación de medio cento de rapaces das categorías, infantil, junio e cadete. A meirande parte deles pertencían ó Clube Atletismo Ourense, organizador desta proba, pero tamén participaron atletas de xeito independente. Exhibicións de kung-fudo Ximnasio Fitness Forma, circuito ciclista infantil de Maese Bike e as prácticas de roller derby a cargo do clube “As Lobas de Morgana” completaron a oferta deportiva desta xornada de clausura de Megaxove.O salón da Xuventude ofreceu a posibilidade de practicar actividades xa coñecidas polos visitantes, pero serviu tamén de andén de promoción e descubrimento de outras actividades vencelladas ao tempo libre, á cultura e ás disciplinas deportivas minoritarias. Nesta cita tivo cabida todo aquelo que animara á participación activa e á adopción de hábitos saudables.

Cada rapaz e rapaza puido escoller libremente en qué quería invertir o seu tempo de lecer: dende xogos populares e tradicionais ata obradoiros de robótica ou impresión 3D ou gozar coa exhibición de drons.Amencer, o Rally Solidario e o Banco de Alimentos de Ourense aproveitaron esta cita para promover a recollida de produtos alimentarios, material escolar e xoguetes na “Operación Quilo MEGAXOVE” e destinalos ás familias que máis o precisan nestes momentos.

Finaliza así o calendario feiral de Expourense para o ano 2017, pero o vindeiro mércores 13 de decembro celebrará o 17º Concurso de Proxectos Tecnolóxicos coa colaboración da Universidade de Vigo e o patrocinio da Deputación Provincial de Ourense. Tamén está prevista a inauguración da pista de atletismo cuberta para o sábado 16 de decembro. Polo que se refire ás feiras, a próxima cita feiral será do 31 de xaneiro ó 4 de febreiro coa celebración da 19ª edición de Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico.

 

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?