Ourense terá en 2018 un selo conmemorativo

O 29 de xuño de 2018 cumpriranse 100 anos desde que as obras da Ponte Nova foron recibidas definitivamente pola cidade.

O 29 de xuño de 2018 cumpriranse 100 anos desde que as obras da Ponte Nova foron recibidas definitivamente pola cidade. /

A Comisión Filatélica do Estado, adscrita ao Ministerio de Fomento a través da Subsecretaría do Departamento vén de notificar que na súa reunión do día 6 de novembro de 2017 acordou incluír no programa de emisións de selos de correo e demais signos de franqueo para o ano 2018, a emisión dun selo conmemorativo do Centenario da Ponte Nova sobre o Río Miño en Ourense.

Atende así o Ministerio a petición, formulada en xuño do presente ano polo deputado nacional e presidente da Comisión de Fomento do Congreso dos Deputados, Celso Delgado Arce, quen á súa vez canalizou a demanda do alcalde do Concello de Ourense, Jesús Vazquez Abad, promotor da iniciativa. O rexedor ourensán sinala que “esta Ponte, que o 21 de xuño de 2018 cumprirá cen anos, representou a chegada da modernidade a Ourense, posibilitando unha nova comunicación viaria sobre o río Miño que ata entón só era posible por medio da histórica Ponte Romana. O Concello de Ourense, está a elaborar un programa de actos, en colaboración co Ministerio de Fomento, outras institucións como o Colexio de Enxeñeiros de Galicia, así como con outras persoas interesadas para a conmemoración do citado Centenario”.

A petición solicitaba entón ao Ministerio de Fomento a súa participación na conmemoración do Centenario da Ponte Nova, que é de titularidade estatal, e intégrase na estrada nacional 120 desde o P. K. 569,225 ao 569,637. Unha colaboración que se expresaría de varias formas sendo a máis visible a emisión por parte de Correos dun selo conmemorativo dedicado ao centenario desta ponte. Na solicitude refería que se trata dunha ponte dunha extraordinaria categoría da enxeñería e estética.

E para avalar a petición facía unha breve recesión histórica:

“Formou parte do proxecto da chamada “Estrada de Primeira Orde”, desde o Campo de San Lázaro de Ourense ata a Estación de Canedo (ferrocarril de Ourense a Vigo)· O seu proxecto foi aprobado definitivamente por Real Orde do 22 de febreiro de 1909. Poxáronse as obras o 7 de abril de 1910. O orzamento de contrata era de 1.211.996 ptas.

Adxudicáronse as obras o 14 de maio de 1910 a Don Luís Gomendio Saleses pola cantidade de 1.157.000 ptas.( a baixa foi de 54.996,20 ptas) O prazo inicial de execución de obras foi de 5 anos que empezaron a contarse a partir do 13 de xullo de 1910 debendo terminar por tanto en igual data de 1915.

Pero houbo que solicitar varias prórrogas que foron concedidas pola superioridade, a última o 6 de xullo de 1917 por seis meses. As obras deberon terminar o 13 de xaneiro de 1918, como así se verificou facéndose a recepción definitiva o 21 de xuño do mesmo ano 1918.”

O alcalde, Jesús Vázquez, agradece a cooperación amosada polo deputado Celso Delgado Arce e polo Ministerio de Fomento, “dada a súa sensibilidade cunha efeméride clave para a Modernidade da nosa cidade”.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?