Últimas noticias Hemeroteca

Sergio Vallejo: “véxolle máis futuro ás carreiras en terra que en asfalto”

O piloto meirego cre que os rallyes do futuro serán máis cortas e espectaculares, como o Campeonato de España de Rallyes de Terra, que correrán a próxima tempada cun Porsche 911 GT

Sergio y Diego Vallejo con el Porsche en el que correrán el Campeonato de España de Rallyes de Tierra /

Unha nova vida para os lobos. Sergio Vallejo (Meira, 1967) e o seu irmán Diego (Meira, 1973) anunciaron este xoves, en pleno día dos Santos Inocentes, o seu salto aos rallyes de terra. Competirán no Campeonato de España de Rallyes de Tierra (CERT) subidos a un Porsche 911 GT logo dunha tempada un tanto irregular aos mandos do Citroën DS3 R5, na que o meirego se baixou incluso do vehículo nalgunhas probas do nacional de asfalto.

Vallejo recoñeceu que "ultimamente no campionato de España de asfalto os custos, a forma de correr e de conducir os coches non me estaba convencendo ao 100%". Tras facer no último ano carreiras de montaña e rallies de terra, decidiuse finalmente polo Campeonato de España de Rallyes de Tierra (CERT).

Vídeo co que os irmáns Vallejo anunciaron o seu salto ao CERT cun Porsche 911 GT

En relación á súa última montura, o Citroën DS3 R5, Vallejo confesa que "segue no garaxe, e a parte da posibilidade de vender, pensamos que pode ser unha boa alternativa para alugar, pero para correr na terra preferín o Porsche, porque é un proxecto novidoso", apunta o piloto meirego.

A escudería Vallejo está estes días traballando ao 100% no Porsche. Os meiregos están recibindo a colaboración dun equipo inglés ao que no seu día os lucenses lle axudaron a montar coches de asfalto. "Eles xa tiñan experiencia cun kit de terra, e nos próximos días comezaremos a recibir pezas. Agora estamos desmontando todo e reforzando a carrocería do coche", apunta Sergio Vallejo, que xa agarda con expectativa o debut a mediados de marzo en Lorca (Murcia).

Será a primeira vez que se vexa este bólido na terra. "É un coche de tracción traseira, e pelexaremos por esa categoría no campionato", apunta Vallejo, que cre que "será moi espectacular de ver e moi divertido para nós". O piloto lucense recoñece que "pensamos que imos ter máis repercusión con este coche que cun 4x4 turbo, que ten un son distinto e é máis efectivo, pero na nosa opinión menos espectacular". O meirego cre que acertarán, aínda que o obxectivo da clasificación sexa secundario.

teñen máis futuro os rallyes de terra que de asfalto, porque son máis curtos e  espectaculares, e atraen a máis patrocinadores

Vallejo quixo agradecer unha vez máis o apoio do público e dos patrocinadores. En relación a eles, lembrou que "unha vez que falamos e lles expuxemos que a tempada non estaba indo moi ben e que pensabamos facer outras cousas, todos estiveron dacordo en unirse a nós e seguirnos co que fixésemos". Para o piloto de Meira esta confianza depositada neles "é moi importante".

O futuro dos rallyes

"Fai 3 ou 4 anos os rallyes do CERT eran moi itinerantes e variantes nas datas, pero nos últimos 3 anos son sedes máis consolidadas e carreiras mellor organizadas", apunta Vallejo, que non ve este paso á terra como un salto atrás na súa carreira. Incluso, o piloto meirego o toma como un avance cara o futuro, xa que cre que "teñen máis futuro os rallyes de terra que de asfalto, porque son máis curtos e máis espectaculares, e atraen a máis patrocinadores. Ademais, o público disfrútaos máis dende fóra. Creo que é o camiño que seguramente tomen os rallyes", apuntou.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?