O Concello de Ourense aproba obras por valor de máis de 1'6 millóns

Adxudicaron un total de 10 obras, a maioría do Plan de Investimentos, en diferentes puntos da cidade.

Adxudicaron un total de 10 obras, a maioría do Plan de Investimentos, en diferentes puntos da cidade. /

As actuacións adxudicadas que pertencen ao plan de investimentos son as seguintes: a pavimentación e recollida de augas na rúa San Jerónimo de Rairo (43.870,97 €); o acondicionamento de vías desde Ceboliño até a urbanización de Monterrei (60.174,72 €); a instalación de depuradora / foxa de bombeo para tratamento de verteduras no núcleo de Calvelos, en Santa Cruz (116.820,66 €); o saneamento na rúa Albaredo e bombeo á rede xeral pola N-120 (117.922,97 €); o acondicionamento do vial rúa da Tenencia – Montoscos, en Zaín (102.236,08 €); o acondicionamento de viais na rúa Vasco Díaz Tanco (490.482,43 €); o acondicionamento de vías na rúa Casagrande, camiño da Mirta e rúa da Fonte (206.774,13 €); a urbanización da rúa Antolín Losada e prolongación Bieito Amado, en Rairo (584.139,94 €); e a construción da beirarrúa e arranxo de vía na rúa Rábeda - Cumial ao núcleo de Pazos (177.326,95 €).

Ademais destas, adxudicáronse as obras de renovación da instalación da condución de auga quente desde o pavillón dos Remedios até a estación de bombeo, no desaugadoiro da fonte das Burgas, por un importe final de 212.061,20 € (ive incluído).

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?