A Alameda da Ponte será reformada este ano

O Consello da Xunta destinou 265.000 euros para a execución das obras de recuperación, que consistirán na colocación de novo mobiliario urbano, impermeabilización da zona oeste a rehabilitación da fonte, a reparación do peche da marquesiña e o seu axardinamento.

Vista xeral da alameda do barrio de A Ponte. /

Logo de moitos anos de abandono, a Xunta de Galicia vén de comprometerse co Concello de Ourense para a reforma e adaptación da Alameda da Ponte, Así o aprobou onte o goberno autonómico, no Consello da Xunta, destinando 265.000 euros para a execución das obras nesta zona singular da nosa cidade. A actuación prevé a recuperación dunha zona moi singular coa colocación de novo mobiliario urbano, impermeabilización da zona oeste a rehabilitación da fonte, a reparación do peche da marquesiña e o seu axardinamento.

Estas actuacións supoñen “unha oportunidade para recuperar un espazo senlleiro desta cidade e poñelo ao dispor dos veciños e veciñas desta zona”, aseguraba o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

As obras de remodelación faranse con cargo ao Plan hUrbe, posto en marcha en 2010 polo goberno autonómico, e que ten entre os seus obxectivos os de mellorar as contornas urbanas, a accesibilidade e a supresión de barreiras arquitectónicas, co fin de revitalizar o territorio e o reequilibrio territorial. A Alameda, que presenta un estado de abandono no marco do desenvolvemento urbano da cidade de Ourense, precisa unha intervención urxente para poder fomentar o seu uso por parte dos veciños tanto na comunicación e accesibilidade peonís coma no seu equipamento.

Con esta intervención búscase recuperar a zona oeste, que forma cuberta axardinada das propiedades (baixos comerciais) existentes na súa parte inferior, a cota do viario inferior, con grandes problemas de filtración de auga. A actuación tende a reparar, ou substituír nos puntos necesarios, o elemento de peche, cornixa e balaustrada, así como solucionar a ausencia de medidas de protección regulamentaria, fronte á caída, ben como diversas accións encamiñadas a arranxar instalacións, equipamento e mellora das condicións de accesibilidade. En definitiva, unha nova colocación de mobiliario urbano e equipamentos, a impermeabilización da zona oeste da actuación, a rehabilitación da fonte, a reparación do peche da marquesiña e o seu axardinamento.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?