Expourense organizará dúas feiras de antigüidades

Terán lugar nos meses de maio e novembro e contan co apoio do sector en Ourense.

José Antonio Ferreiro Ferrares, Alejandro Rubín y Gerardo Manuel Román Iglesias. /

A organización por parte de Expourense de dúas Feiras de Antigüidades será unha novidade no calendario feiral da Fundación para este ano 2018. Estas citas celebraranse no mes de maio e no de novembro e contan co apoio dos empresarios do sector en Ourense tal e como o ratifica o convenio asinado entre Expourense e os anticuarios José Antonio Ferreiro Ferrares e Gerardo Manuel Román Iglesias. Estas dúas citas estarán organizadas directamente por Expourense coa creación do correspondente comité. Nesta feira aplicarase o modelo de cooperación co tecido empresarial ourensán que ten dado moi bos resultados en citas como, por exemplo, os salóns do automóbil (coorganizados en colaboración con A.C.A.U.T.O.)

As dúas feiras de antigüidades son as novas citas dun calendario que inclúe a celebración de 13 feiras, 3 delas de carácter internacional (Xantar e Funergal, ademais de Termatalia que se celebra en Brasil), que unha vez máis foron incluídas no calendario de feiras internacionais publicadas no B.O.E. o 29/12/2017.

CALENDARIO FEIRAL EXPOURENSE 2018:

- XANTAR, 19º Salón Internacional de Turismo Gastronómico – 31 de xaneiro a 4 de febreiro.

- PREVISEL, 13º Salón da Prevención e Seguridade Laboral – 11 e 12 de abril.

- GALISENIOR, 11º Salón Internacional das Persoas Maiores - 9 e 10 de maio.

- TERMATALIA BRASIL, 18ª Feira Internacional do Turismo Termal – 19 a 21 de setembro en Foz do Iguaçu, Brasil.

- CELEBRA, 19º Salón de Vodas, Comuñóns, Bautizos e Actos Sociais – 13 e 14 de outubro.

- BEBEGA , 2º Salón do Bebé de Galicia – 13 e 14 de outubro.

- 10º SALÓN DO AUTOMÓBIL - VEHÍCULO N0VO – 19 ó 21 de outubro.

- 10º SALÓN DO AUTOMÓBIL - VEHÍCULO DE OCASIÓN – 26 ó 28 de outubro.

- FUNERGAL, 10ª Feira Internacional de Produtos e Servizos Funerarios – 9 e 10 de novembro.

- SPORTUR GALICIA, 2ª Feira do Deporte e Turismo Activo – 16 a 18 de novembro

- MEGAXOVE, 19ª Salón da Xuventude - 5 e 6 de decembro.

Este calendario compatibilizarase coas distintas probas e campionatos deportivos que se desputarán na pista de atletismo cuberta instalada no recinto feiral.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?