Sociedad
Turismo

Catro mil persoas mais atendidas na Oficina de Turismo

As dependencias de Isabel a Católica atenderon un total de 30.561 turistas, procedentes do España no 85% dos casos.

Ourense

O ano 2017 trouxo a Ourense case 4.000 turistas máis que no ano anterior, até un total de 30.561, o que supón un aumento do 15% respecto a 2016. A nosa cidade é un destino atractivo dentro do turismo nacional, xa que un 85% dos visitantes proveñen dalgunha parte do estado español, principalmente Madrid, Castela e León, Andalucía ou Euskadi. O mes do ano con máis demanda de información turística foi agosto, con 7.643 persoas atendidas, seguido de xullo e setembro. Porén, o mes con maior grao de ocupación hoteleira, segundo os datos do INE, foi abril, no que se superou o 60% de media. Ao longo do ano, a media é de 1,66 días de estancia.

“Estes datos indican que as accións divulgativas de Ourense como destino turístico levadas a cabo pola Concellería de Turismo e Termalismo foron acertadas e están a dar os resultados buscados”, sinala o concelleiro responsable da área, Jorge Pumar. Neste sentido, o alcalde de Ourense sinala que “os datos recollidos dánnos forzas para seguir apostando por este tipo de accións promocionais e por seguir posicionando a nosa cidade coma un referente do turismo de proximidade”, en palabras de Jesús Vázquez.

Os datos da Oficina de Turismo reflicten, ademais, que oito de cada dez viaxeiros visitan Ourense por vez primeira, catro de cada dez quedan na nosa cidade, cando menos, máis de dous días. Proveñen, principalmente, de España (recibimos visitantes de todas as comunidades autónomas, encabezadas por Madrid), aínda que tamén de diferentes partes de Europa, sobre todo de Francia (866), Portugal (760) e Alemaña (397), sendo salientable o número de holandeses (336) que pasaron este ano pola cidade.

No tocante a outros continentes, Arxentina (266) encabeza a lista de países que nos visitaron seguida de Estados Unidos (190) e México (88). Fóra de América, cómpre salientar os 81 australianos atendidos na Oficina, seguidos dos 33 xaponeses. Corea (28), China (25) ou Israel (23) tamén estiveron representados.

Entre as provincias galegas, A Coruña (1.557) é a que máis turistas congrega na Oficina municipal, seguida de Pontevedra (663) e Lugo (402), aínda que un total de 62 ourensáns entraron a asesorarse sobre os recursos municipais.

O Camiño de Santiago

As diferentes rutas xacobeas deixan en Ourense un bo número de visitantes. Só en 2017, foron 1.126 peregrinos os que entraron na Oficina a consultar polos nosos atractivos turísticos repartidos da seguinte forma: os camiñantes máis numerosos proveñen de Aragón (167), de Andalucía (137) e de Madrid (111), ata un total de 639 peregrinos procedentes de España. O mes máis activo foi outubro, con 188 persoas atendidas.

No panorama internacional, séguenlles os procedentes de Europa (388) encabezando a lista Alemaña (94), Francia (75) e Reino Unido (56), aínda que neste caso o mes máis potente foi o de abril (107). Tamén pasaron, ao longo do pasado ano, 30 peregrinos estadounidenses, 20 australianos e 15 canadenses.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00