Setecentos maiores de 60 participarán nos 24 cursos de envellecemento activo

As actividades máis demandadas son as de exercicio físico, seguidas dos cursos de informática e dos de estimulación cognitiva.

As actividades máis demandadas son as de exercicio físico, seguidas dos cursos de informática e dos de estimulación cognitiva. /

O Auditorio Municipal acolleu a presentación dos cursos de Envellecemento activo que promove a Concellería de Asuntos Sociais do Concello de Ourense. Un total de 24, nesta convocatoria, nos que participarán desde o vindeiro 15 de xaneiro un total de 692 ourensáns maiores de 60 anos, 551 mulleres e 141 homes. Ao acto asistiu o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, quen felicitou o público asistente por manterse activos: “Non podemos permitirnos o luxo de pararnos en ningún momento”, dixo. Xunto ao rexedor, tamén asistiron a titular da área Social, Sofía Godoy, e a directora xeral de Maiores da Xunta de Galicia, Fabiola García.

A ofertade actividades estaba dirixida ás persoas maiores de 60 anos que están empadroadas no Concello de Ourense, e recibíronse un total de 1.342 solicitudes. As actividades máis demandadas foron as de exercicio físico, seguidas dos cursos de informática e dos de estimulación cognitiva. Finalmente, organizáronse todas as solicitudes en 39 grupos para realizar 24 cursos: Ioga e tai chi, teatro, inglés, risoterapia, tai chi e qigong, memoria, coaching para maiores, animación á lectura, mantemento físico e estimulación cognitiva, manualidades creativas, pilates, iniciación á informática e manexo del móbil, internet avanzado, natación, aquagym, relaxación, o valor da experiencia, primeiros auxilios, musicoterapia, ximnasia mental e ximnasia terapéutica.

A presentación contou, ademais, coa actuación da coral Gaudeamus, integrada por persoas que participan dos Cursos de Envellecemento activo.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?