¿No tienes cuenta?

Regístrate

¿Ya eres usuario?

Entra en tu cuenta

O conéctate con

XIMNASIA

Peche dun ciclo deportivo

Este ano o equipo de trampolín do club ximnasia Pavillón Ourense pechou un ciclo

Peche dun ciclo deportivo. Este ano o equipo de trampolín do club ximnasia pavillón Ourense, pechou un ciclo /

O Club Ximnasia Pavillón colleu un impulso definitivo na modalidade de trampolín con 8 ximnastas que marcaron o punto de despegue desta modalidade no Club.

Desde o Club queren rendirlle unha homenaxe porque foron eles o espello decisivo no que se miraron as xeracións seguintes e son aínda hoxe un referente no Club Ximnasia Paviilón Ourense.

Diego Feijóo González, o ximnasta máis novo da primeira xeneración de saltadores adestrados por Ada Pazos e Iago Covela da remate á súa carreira deportiva para dar comezo aos seus estudos universitarios.

A máis veterana foi Laura Blanco González, nacida no 1993, que xa rematou os seus estudos de enfermería cursados en Chaves, (Portugal), e na actualidade xa traballa.

Marta Rodríguez Dopazo (1995) abandonou  a actividade competitiva para cursar mediciña, na actualidade esta a facer terceiro curso.

Carlos Trigo (1996) deixou Ourense xa no ano 2013 para desprazarse ata Estados Unidos onde finalizou os seus estudos.

Néstor González (1996) cursou formación como Técnico de animación de actividades físicas e deportivas o rematar o instituto.

Entre todos colleitaron decenas de metáis en eventos nacionais e internacionais.Eles abriron o paso das novas xeracións nas competicións mundiais por idades e absolutas e nos campionatos europeos, dándolee un impulso definitivo á modalidade de trampolín no Club.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?