Música

Xardín Desordenado no Set de Unplugged

O grupo presentounos o seu terceiro traballo discográfico, adicado a Carlos Casares

Pontevedra

No ano 2011 uns músicos de Vigo decidiron percorrer librarías e bibliotecas, á busca de palabras ás que lles poñer música. A selección resultante non obedeceu a criterios centíficos, senón á provocación que os poetas producían nos “exploradores”.

Logo, algunhas noites reuníanse nunha bufarda de Tirán, onde, compartían os poemas elexidos e as súas experiencias musicais; case todos transitaran polo Jazz, aínda que chegados dende diversas procedencias.

O seu obxectivo era promover a poesía galega e o concretaron nun primeiro traballo, con quince poemas escritos por homes. Chamaron ao CD como a si mesmos: “Xardín desordenado” e nel, acompañados pola cálida sonoridade que proporcionan os instrumentos acústicos, estes “xardineiros desordenados” convertiron os magníficos textos en boleros, en swing, en blues…

Xardín Desordenado adicóu o seu terceiro traballo discográfico a Carlos Casares, autor do Día das Letras no 2.017. Trátase dun traballo peculiar, xa que por primeira vez inclúense cancións compostas sobre relatos, o que supuso un esforzo adicional, pero tamén a ventaxa de que as historias contadas favorecen o formato canción.

Por outra banda, a través da Fundación Carlos Casares, Xardín Desordenado recuperou poemas de Carlos Casares nunca pubricados nun libro (tan só en revistas literarias) e reuníu eses poemas no Cd, dándolles así soporte físico e musical.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00