¿No tienes cuenta?

Regístrate

¿Ya eres usuario?

Entra en tu cuenta

O conéctate con

A CIG denuncia novas humidades nos xulgados de Corcubión

Humidades nos xulgados de Corcubión /

A CIG denunciou que os xulgados de Cocubión volven sufrir humidades nos últimos días, como xa acontecera noutras ocasións. A diferencia de incidencias anteriores -con fugas de auga causadas pola rotura de tubaxes dos pisos superiores-, o sindicato nacionalista sinala que neste caso podería tratarse de "filtracións procedentes das terrazas e da fachada do edificio, o cal agravaría os problemas estruturais do inmóbel".

A CIG explica que "se ennegreceron as paredes da oficina pola humidade", apareceron "avultamentos da pintura á causa da mesma" e que "escorrega a auga por unha esquina". Engade que "o mal illamento das fiestras non só fai que as estancias estean frías, senón tamén xera problemas de humidades arredor dos marcos".

"A CIG leva anos denunciando o abandono e o mal estado no que se atopa o edificio xudicial, tanto diante da Inspección de Traballo como da Xunta de Galiza, que xustifica a súa inacción alegando que o inmóbel é responsabilidade do Concello de Corcubión e que xa se dirixiu por escrito á administración local", subliña o sindicato nun comunicado.

A Dirección Xeral de Xustiza dera por solucionados os problemas despois de pasar unha man de pintura polos locais afectados, pero a CIG advirte que"que non abonda con darlle uns brochazos ás paredes" e que os problemas se repetirán mentres non se ataquen as deficiencias estruturais que afectan ao edificio dos xulgados. "NMon chega con que a Xunta descargue a responsabilidade no Concello de Corcubión, cando parece claro que non está a emprender todas as actuacións posíbeis para solucionar de maneira definitiva as eivas dos xulgados".

Por iso, dende CIG-Xustiza reclaman da Dirección Xeral que  actúe con responsabilidade e inicie as accións precisas diante do Concello de Corcubión para resolver unha situación que xa ten prolongado demasiado tempo.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?