¿No tienes cuenta?

Regístrate

¿Ya eres usuario?

Entra en tu cuenta

O conéctate con

Segunda xornada de folga de mantemento no CHUO

13 dos 14 traballadores/as de Ferrovial secundaron onte o paro para reclamar o cumprimento do convenio.

13 dos 14 traballadores de Ferrovial secundaron onte o paro para reclamar o cumprimento do convenio. /

A primeira das cinco xornadas de folga convocadas polo cadro de persoal de Ferrovial, concesionaria do servizo de mantemento do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), foi secundada onte pola práctica totalidade dos traballadores/as, xa que unicamente un decidiu presentarse ao seu posto de traballo. Os paros continúan este mércores 7, o xoves 8, o venres 9 e o luns 12.

Coincidindo co paro convocado para reclamar o cumprimento do convenio colectivo, un grupo de empregados/as de Ferrovial e de delegados/as da federación de Industria da CIG de Ourense repartiron panfletos informativos polos arredores do hospital dende primeiras horas da mañá.

Dende o comité de folga continúan a amosar o seu rexeitamento aos servizos mínimos impostos pola Administración ao consideralos abusivos xa que son 50% abusivos e anuncian a súa intención de recorrer a decisión xa que establecen a presenza de tres empregados/as na quenda de mañá, de dous e medio na de tarde e dun na de noite (neste último caso os servizos mínimos son do 100%).

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?