POLIDEPORTIVO

O Pavillón dos Remedios será remodelado

O pavillón dos Remedios será remodelado de xeito integral por importe de máis de 2 millóns de euros

O Pavillón dos Remedios será remodelado de xeito integral por importante de máis de 2 millóns de euros /

O Concello e a Xunta de Galicia acordaron asumir esta importante remodelación, que virá a complementar as actividades previstas e en fase de programación para conmemorar os 50 anos de historia desta importante infraestrutura deportiva de Ourense Cidade.

Deste xeito levarase a cabo a adaptación normativa en materia de accesibilidade e a unificación da fachada orientada á avenida Pardo de Cela e á Ponte Romana. Tamén se acometerá a reforma dos ximnasios, do vestíbulo e dos espazos de comunicación, a dotación de novos vestarios así como a adecuación dos existentes, a dotación de tres grandes salas polivalentes(actividdaes dirxidas, formación e lecer), e a reordenación dos espazos da piscina de 25 metros Pedro Escudero.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, acompañado polo concelleiro de Deportes, Mario Guede, mantiveron un encontro de traballo coa secretaria xeral para o Deporte, Marta Miguez Telle, no que trataron os diferentes proxectos deportivos comúns para a cidade.¨A gran transformación da cidade no eido das infraestruturas deportivas¨¨.Según o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

Entre eles, avanzaron na próxima remodelación integral do Complexo Polideportivo dos Remedios que contará cun orzamento de 2.050,000 euros.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?