¿No tienes cuenta?

Regístrate

¿Ya eres usuario?

Entra en tu cuenta

O conéctate con

A Policía Local, identifica aos dous graffiteiros máis activos

Un de 17 anos, "PUMA" e outro de 20, “SOTER”

Escultura de O Carrabouxo, unha das afectadas /

A Policía Local, vén de identificar e denunciar aos dous graffiteiros máis activos da cidade nos últimos meses, un de 17 anos, que firmaba co TAG "PUMA" e outro de 20, co TAG “SOTER”.

Vía comunicado o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, quere transmitir o seu agradecemento á Policía Local "polo excelente e minucioso traballo, cunha laboriosa investigación iniciada hai máis de 5 meses, co fin de identificar aos artífices dun dos elementos do "feísmo" e deterioro urbán máis notable da cidade". Ademáis de expresar ese agradecemento á labor policial, Jesús Vázquez Abad tamén incide "na necesidade de que as persoas que sexan testemuñas dun acto vandálico na nosa cidade, denuncien os feitos para que os responsables non queden impunes", lembrando que os gastos que lle supón o vandalismo ás arcas municipais supera os 300.000 euros anuais.

Por último, o alcalde ourensán lembra que "neste mandato iniciamos unha loita contra a cartelería ilegal, activando preto de 200 expedientes sancionadores para erradicar este elemento que só contribúe ao deterioro visual da imaxe da nosa cidade".

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?