O Castelo de Soutomaior abre as súas portas como museo

  • Cun investimento de 700.000 euros, a Deputación de Pontevedra pretende facer do Castelo o símbolo turístico da Provincia
  • Poderase visitar a partir do vindeiro 13 de maio, con descontos para estudiantes, pensionistas ou desempregados

Despois de catro meses pechado por obras, o Castelo de Soutomaior reabre as súas portas en forma de museo. A inauguración oficial será o vindeiro venres 11 de maio, ainda que a apertura ao público será dous días máis tarde.

O proceso de musealización consistiu en poñer en valor a historia dun castelo do século XII. Cos últimos avances audiovisuais como o video mapping, os visitantes coñecerán as distintas etapas históricas do castelo, así como a figura das persoas que nel viviron, como Pedro Madruga ou María Vinyals.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, afirma que con esta posta en valor na que se investirton máis de 700.000 euros, o Castelo de Soutomaior será o símbolo turístico da provincia. Ademáis anuncióu a Presidenta que neste mes de maio haberá varias xornadas de portas abertas, así como descontos nas tarifas para estudiantes, pensionistas e persoas en paro.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?