Sociedad

O Correlingua non para

Centos de mozos e mozas gozaron do fin de festa do Correlingua na Praza da Quintana de Santiago / .

Santiago de Compostela

Bo ambiente no fin de festa do Correlingua en Compostela. Baixo o lema "a lingua non para" 1.400 alumnos de 16 centros escolares de primaria e secundaria de Santiago e comarca participaron na edición deste ano na que, esta carreira a favor da normalización do galego, fai 18 anos.

Quarta Xusta, o grupo de Melide, gañador do Cantalingua, puxo o broche musical  nunha festa na que tamén se escoitou o manifesto gañador desta edición, creación dun grupo de alumnos do IES Antón Fraguas de Santiago; trátase dun manifesto feito a ritmo de rap no que se defende o uso do galego.

A súa chegada á meta profesores e alumnos foron recibidos pola actriz Isabel Risco que fixo de presentadora e conduciu a entrega de premios na categoría de pancartas. que tivo como centro gañador o IES Leliadoura de Ribeira.

Nos discursos tomaron a palabra representantes das entidades organizadoras: Cig, concello de Santiago e deputación de A Coruña. Para o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, rapaces como os participantes no Correlingua, son o futuro do noso idioma. A vicepresidenta da deputación de A Coruña, Goretti Sanmartín, fiou a maioría de idade do Correlingua có desexo dos mozos de seguir utilizando o galego como lingua principal na súas vidas adultas.

 

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00