María Victoria Moreno e a súa historia de amor con Galicia

A escritora homenaxeada este ano chegou a estar perseguida polo franquismo por ensinar galego en escolas do rural

María Victoria Moreno é a escritora homenaxeada este ano. /

Cacereña de nacemento, galega de adopción e de corazón. María Victoria Moreno, a autora á que este ano se lle adica o Día das Letras Galegas, nunca se considerou unha escritora alófona. Asumiu o galego como lingua propia e chegou a estar vixiada polo franquismo por impartir clases clandestinas neste idioma.

O seu contacto inicial de María Victoria Moreno con Galicia e a súa lingua prodúcese en Lugo, cidade na que toma posesión como profesora de Lengua y Literatura Española no Instituto Masculino en 1965. Foi nesa etapa cando estableceu unha relación de amizade co que fora presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, con quen se adentrou no galego e na literatura galega.

De Lugo trasládase a Pontevedra, donde profundiza no seu interese polo galego. De familia franquista, María Victoria Moreno comeza a dar clase en galego, a escribir en lingua galega e a traballar en diferentes asociacións de carácter cultural.

Perseguida polo franquismo

Nese intenso traballo de promoción da lingua galega, levou o seu coñecemento ás aldeas, onde chegou a impartir clases clandestinas en iglesias en colaboración con algúns curas, unha tarea desinteresada que lle provocou algún disgusto.

Esa labor, segundo asegura Xesús Alonso Montero en declaracións a Europa Press, "estaba mal vista pola xenta mal pensada e tamén pola policía que a tiña no punto de mira". No ano 1973, o réxime franquista retiroulle o pasaporte.

Foi ademais unha das impulsoras da librería Xuntanza de Pontevedra, na que se podían conseguir obras prohibidas polo franquismo, como libros de García Lorca. O establecemento recadaba cartos para axudar a presos políticos.

Referente da literatura infantil e xuvenil

María Victoria Moreno, resumen Marilar Aleixandre e Fina Casalderrey, "contribuíu, xunto a outros autores e autoras da súa xeración, a situar a literatura infantil e xuvenil galega nun lugar digno; a poñer en valor o uso da lingua galega, falándoa e escribíndoa ben, a meterse na pel dos personaxes e gozar coa literatura, coa beleza das palabras". "Toda a súa vida é un exemplo de compromiso coa causa da lingua galega e da xustiza social", conclúen nunha publicación que se pode consultar na web da Real Academia Galega.

Filla de malagueña e toledano, e nada circunstancialmente en Cáceres, foi galega por elección. "A historia de amor entre María Victoria e Galicia comeza en Pontevedra", escriben as académica na biografía de academia.gal. Esta cidade foi de feito o seu primeiro destino como mestra tras aprobar, en 1965, as oposicións, e o seu fogar e lugar de traballo definitivo a partir de 1967, logo de impartir aulas un par de anos no Instituto Masculino de Lugo.

Estas son as palabras que lle adica a académica Marilar Aleixandre: "Aquí viviches no paraíso. Paraíso foi a rúa amada Pontevedra. Paraíso as aulas, que non desertaches nin estando enferma. Desde Galicia, que este ano te canta, recibe o noso agarimo. Ti segue teimando".

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?