¿No tienes cuenta?

Regístrate

¿Ya eres usuario?

Entra en tu cuenta

O conéctate con

A USC tamén celebra as Letras Galegas

A universidade publica un libro con tres textos inéditos, un deles do viúvo da escritora

De esquerda a dereita: Eduardo Moscoso, Blanca Roig, Juan Viaño, Xesús Alonso Montero e Mª Dolores Álvarez. Foto: Paula Martínez Graña. /

A USC únese, como cada ano, á celebración do Día das Letras Galegas. Nun acto celebrado en Fonseca, reivindicou a figura de María Victoria Moreno como muller reivindicativa, docente e pioneira da literatura infantil e xuvenil en galego.

"María Victoria Moreno foi unha escritora que axudou a conformar o sistema literario infantil e xuvenil nun contexto adverso", recordou Blanca Roig, coordinadora do libro editado pola universidade, para o que contou coa colaboración da familia. O volume María Victoria Moreno. Nun lugar de Galicia conta cunha crono-biografía da autora e tres textos inéditos, un deles do seu seu viúvo.

No acto fíxose un percorrido pola obra e o xeito de pensar desta escritora. Tamén do seu amor e compromiso co galego, co que estableceu un vínculo de por vida. Así o lembrou o director do departamento de Filoloxía Galega, Eduardo Moscoso. Pero María Victoria Moreno era, por riba de todo, docente, e por iso os alumnos fixéronlle a súa particular homenaxe, cunha lectura de textos seleccionados por eles mesmos e que dan fe da súa traxectoria e personalidade.

 

 

 

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?