¿No tienes cuenta?

Regístrate

¿Ya eres usuario?

Entra en tu cuenta

O conéctate con

Benposta, capital do rock

“Ourenrock Sound” 2018 trae nesta edición ao escenario de Benposta a 17 bandas e artistas de vangarda no panorama da música rock.

“Ourenrock Sound” 2018 trae nesta edición ao escenario de Benposta a 17 bandas e artistas de vangarda no panorama da música rock. /

No programa desta terceira edición figuran bandas como “El Drogas”, “Riot Propaganda”, “Talco”, “Xavi Sarrià”, “The Locos”, “Smoking Souls”, “Bohemian Betyars”, “Rebeliom do Inframundo”, “Ezetaerre”, Blues do País”, “Yo no las conozco”, “Binkadelia Troupe”, “Isabel Marco” e “Secondhand trade Soul”. Ademais das bandas ourensás “Pauliña” e “Gorilas a pilas” ao escenario de Benposta subiranse grupos doutros puntos de Galicia, España, Francia, Italia e Hungría. O comezo das actuacións será ás 20.00 horas, e as entradas e abonos -cun custe de entre 20 e 30 euros en venda anticipada-, poden adquirirse en diferentes puntos de venta, e en Internet a través da web: http://ourenrocksound.com/, onde figura ademais toda a información do festival.

Como actividades paralelas, o festival inclúe ademais un obradoiro de olaría, a cargo de oleiro Agustín Vázquez, de Niñodaguia; un obradoiro de construción de guitarras, a cargo do luthier Jesús Rodríguez; exposicións, demostracións de barbería, e mercadiño alternativo, xunto con catas de viño do Ribeiro e degustación de polbo a cargo de polbeiras do Carballiño. Segundo os organizadores, este festival é a terceira actividade cultural de Ourense con máis asistentes tralo Entroido e as Festas do Corpus, e agardan nesta edición superar os 4.500 participantes, quen terán á súa disposición gratuitamente unha zona de acampada.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?