¿No tienes cuenta?

Regístrate

¿Ya eres usuario?

Entra en tu cuenta

O conéctate con

O Concello abre hoxe o prazo para as Actividades de Verán

Preténdese que estas actividades sexan unha forma de axudar ás familias a conciliar a vida laboral e familiar neste período de vacacións.

Preténdese que estas actividades sexan unha forma de axudar ás familias a conciliar a vida laboral e familiar neste período de vacacións. /

A Concellería de Asuntos Sociais do Concello de Ourense abre hoxe o prazo para inscribirse nas Actividades de Verán 2018 nos Centros Cívicos. Están dirixidas a nenos e nenas que cursaron Infantil e Primaria no ano escolar 2017-18 no Concello de Ourense, co obxectivo básico de que se divirtan, se relacionen e aprendan convivindo con outros. Preténdese que estas actividades sexan unha forma de axudar ás familias a conciliar a vida laboral e familiar neste período de vacacións cun horario de 9:00 a 13:30 horas de luns a venres. As actividades son gratuítas.

Este verán búscase, ademais, fomentar a participación dos nenos e nenas en actividades socioeducativas, lúdicas e culturais que promovan a educación en igualdade e o coñecemento dos seus dereitos recoñecidos na Convención de dereitos da infancia. Trátase de promover que os menores se convertan en axentes do cambio social identificando a realidade do seu barrio e a súa contorna. Todo no marco das accións encamiñadas a dar cumprimento aos obxectivos do I Plan de Infancia e Adolescencia do Concello de Ourense.

Calendario de actividades

As actividades realizaranse nos centros cívicos de Colón, A Cuña, A Ponte, As Termas e Seixalbo durante os meses de xullo e agosto de 2018. Serán de luns a venres e os horarios van de 9:00 a 13:30 horas. Vanse dividir en quincenas do seguinte xeito: Do 2 ao 13 de xullo; do 16 ao 31 de xullo; do 1 ao 14 de agosto; e do 16 ao 31 de agosto.

Inscricións

Para inscribirse nas actividades de Verán hai que cubrir a solicitude que se activará no espazo web www.ssociaiaiscursos.com a partir das 9:00 horas do mércores 13 de xuño de 2018. O prazo rematará o día 20 de xuño na media noite. De precisar axuda coa inscrición, as persoas interesadas poden dirixirse á Oficina de Atención Cidadá, na Casa do Concello, ou ao Centro Cívico Colón.

Máis horas nos últimos días de xuño nos Centros Cívicos

Por outra banda, as Actividades Semanais para nenas e nenos que se desenvolven nos Centros Cívicos dependentes da Concellería de Asuntos Sociais do Concello de Ourense cambian o seu horario os días 22, 25, 26, 27 e 28 de xuño con motivo do remate do Curso Escolar. O motivo é o de axudar a que as nais e pais podan conciliar a vida laboral e familiar durante este período, e antes de que empecen as Actividades de Verán 2018, as actividades pasan do horario de tarde ao de mañá e se amplían dúas horas. O horario por centro será de 9:00 a 13:30 horas en todos os centros.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?