FÚTBOL GAÉLICO

A Copa Gallaecia para Ourense

A equipa ourensá Afiadoras conseguiu esta pasada fin de semana a Copa Gallaecia, no Torneo disputado na vila ourensá de Xinzo de Limia

Novo éxito para o fútbol gaélico ourensá. Afiadoras, conseguiron o título da copa Gallaecia en Xinzo de Limia. /

A equipa ourensá Afiadoras conseguiu esta pasada fin de semana a Copa Gallaecia, no Torneo disputado na vila de Xinzo de Limia.

Nunha xornada na que participaron ao redor de 200 xogadores e xogadoras. na modalidade de fútbol gaélico mixto, e como remate da tempada nunha competición que cada ano ten máis equipos isncritos, as xogadoras/es ourensás conseguiron vencer na final ao Condado, cun axustado 8-6. Disputado no Anexo do Campo de A Moreira, o derradeiro encontro estivo moi igualado e decidiuse cun tanto das ourensás nos derradeiros intres do encontro.

Este triunfo, é a culminación dunha tempada exitosa neste deporte en todas as súas modalidades. Como retos, o aumento de xogadores e xogadoras e a creación da primeira escola deportiva de fútbol gaélico da provincia de Ourense, seguindo os pases de ciddaes coma Vigo e Santiago, que xa están a traballar en categorías base.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?