La Ordenanza de terrazas de Pontevedra está ya en vigor

Anclaxes ó chan, toldos laterais ou pizarras nos espazos públicos, están xa prohibidos. Pasado un tempo trasintorio o concello advirte de multas para o que non cumpra

Caso aparte é o de mesas e cadeiras: en espazos máis conflictivos, seguindo a ordenanza, é o propio concello o que distribúe entre locais, como explica a responsable de Promoción Económica, Anabel Gulías.

Entende o concello que os veladores son un elemento de dinamización económico vital para a cidade, pero non poden invadir espazos nin molestar ás persoas con diversidade funcional. Por iso as mesas terán unha medida atendendo ó espazo. E o número de cadeiras vai có criterio de que se movan sen interrumpir o paso a camiñantes ou coches. Ademáis de que non invadan espazos.

O concello de Pontevedra acaba de aplicar estes criterios na Praza da Estrela, Augusto García Sánchez (á altura de Casa Román), e ós locais da Rúa Cruz Gallástegui. Son os tres primeiros exemplos que levarán á vindeira Xunta de Goberno. Gulías indicou que quedan moitos espazos pendientes de reestructurar nun concello, no que se pagaron neste ano douscentos noventa e nove recibos. Un total de mil novecentos sete veladores rexistrados. O que supuxo algo máis de 205 mil euros para as arcas municipais.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?