A banda da Loba en Radio Pontevedra

O grupo, que inspira o seu nome en Pepa a Loba, ven de presentar o seu primeiro disco: "Bailando as Rúas"

Integrada por cinco mulleres que decidiron unir as súas traxectorias individuais para dar voz a este novo proxecto, destaca a creación dun repertorio propio baseado tanto en letras da súa autoría como en musicalizacións de poetas célebres ou outros textos tomados dos poemarios de escritoras contemporáneas como Rosalía Fernández Rial ou Celia Parra. Todo isto, baixo un estilo ecléctico e heteroxéneo que bebe do rock, do pop, do folk... e fai do seu repertorio un fantástico caleidoscopio musical.

A banda da Loba sacou o seu disco o pasado mes de decembro, "Bailando as rúas". No noso Set de Unplugged interpretan "Coma un Blues", coa letra de Celia Parra. Ademáis de poder disfrutar da súa actuación en directo, aquí podedes escoitar o seu disco completo:


Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?