Economia y negocios
Cultura

Máis de medio millón de euros para actividades culturais nos vindeiros dous anos

100.000 euros anuais para empresas que organicen e poñan en marcha festivais, ciclos ou mostras relacionadas coas artes escénicas ou musicais e que contribúan a dinamizar a vida cultural da cidade.

Imagen de archivo de un pleno ordinario del concello de Ourense. / Radio Ourense- Cadena Ser

Ourense

O Concello de Ourense vén de presentar o Plan Estratéxico de Subvencións da Concellería de Cultura para os vindeiros dous anos. En total, 534.400 euros destinados tanto á realización de actividades, ao tecido cultural de base e ás empresas culturais. “Máis de medio millón de euros, en definitiva, para apoiar e potenciar as manifestacións, iniciativas e actividades culturais e festivas que contribúen a dinamizar a cidade e a poñer en valor o patrimonio inmaterial de Ourense”, , sinalaba o alcalde, Jesús Vázquez, na rolda de prensa posterior á xunta de goberno. As partidas, con carácter anual -durante os dous vindeiros anos-, repártense en tres grandes bloques do seguinte xeito:

Subvencións en réxime de concorrencia competitiva (210.000 euros anuais) repartidos para asociacións e entidades sen fin de lucro (60.000 euros); comisións de festas e entidades sen fin de lucro que desenvolvan accións no eido festivo (50.000 euros), “unha liña de axudas específicas posta en marcha por este goberno municipal”; e, como novidade, unha partida para a realización de festivais, ciclos ou mostras relacionadas coas artes escénicas ou musicais(100.000 euros) “coa fin de contribuír a dinamizar o sector e potenciar aos creadores e artistas locais”, en palabras do rexedor.

Convenios con entidades de utilidade pública que desenvolven actividades continuadas no eido cultural e contribúen a dinamizar a oferta da cidade: Liceo, Ateneo, Coral de Ruada e Cineclube Padre Feijóo, con 6.000 euros cada un (24.000 euros anuais).

Premios (33.200 euros anuais), que serían para os concursos de deseño dos carteis do ciclo festivo (Entroido, Maios, festas de Ourense, Samaín e Magosto); premio Risco de creación Literaria; premio de Poesía Cidade de Ourense; concurso de comparsas e carrozas do Entroido; concurso de Maios e Coplas; concurso de disfraces Entroido de Verán; concurso de Beléns; e outros premios (Pintura rápida, Maratón Fotográfico e Ouff Escola.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00