ATLETISMO

A delegación ourensán do Mundial Máster na Deputación

Manuel Baltar, presidente da deputación de Ourense, recibe aos deportistas ourensáns que participarán no Mundial de Atletismo Máster

O presidente da Deputación de Ourense,Manuel Baltar recibiu no Pazo Provincial aos atletas veteranos de Ourense que participarán no Mundial de Atletismo Máster que terá lugar do 4 o 16 de setembro en Málaga. /

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar recibiu no Pazo Provincial aos atletas veteranos de Ourense que participarán no Mundial de Atletismo Máster que terá lugar do 4 ao 16 de setembro en Málaga e no que se darán cita preto de 8.000 deportistas.

A delegación de deportistas veteranos que visitaron a Deputación de Ourense estivo integrada por Emilia Mesa(lanzamento de peso e xabalina), Benito Gómez(media maratón), X.M. Fernández Márquez(10.000, 5.000 e media maratón), Luz María Domínguez(400,800),Adolfo Salgado(adestrador), Rubén Diz(media maratón), Chema Ferreiro(100m.liso) e Emma Valencia(100vallas).

Trala reunión, Baltar dixo que Deputación de Ourense'' axudará aos deportistas que levarán o nome de Ourense nun evento deportivo de primeiro nivel internacional'', e desexoulles'' grandes éxitos'' na vindeira competición.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?