O Breogán renova a súa imaxe

Os de Lezkano non abandonan o mítico celeste e volven ó negro na segunda equipación

O Breogán ten nova equipación /

O Cafés Candelas Breogán comeza a súa andaina pola ACB cunha nova imaxe. Os de Lezkano estrearán no seu primeiro amistoso contra o Obras Sanitarias, en Sarria, a equipación para o curso 2018/2019.

Como non podía ser doutro xeito, o celeste será a cor principal da vestimenta, camiseta e pantalón con ribetes en branco, e volta ao negro na segunda equipación.

No tocante aos patrocinadores, ao contrario da pasada campaña, Cafés Candelas estará na parte de atrás dos xogadores e no pantalón, acompañando a Abanca. A principal novidade desta ano é a presenza de Estrella Galicia, que empregará como escaparate o frontal da camiseta. Ademáis, na parte de abaixo da camisola irá o slogan da Deputación "Lugo Cambia".

 

 

 

 

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?