"Había que buscar unha solución para poder inscribir aos compañeiros" Pita

O capitán fala despois de saberse que foi un dos albivermellos que optaron por baixarse o salario

Carlos Pita /

O CD Lugo é unha familia. Así o di a directiva e así se reflicte no vestiario. Esta mañá, o capitán dos albivermellos, Carlos Pita, falaba da decisión tomada por él , e por oito compañeiros máis, de baixarse o salario para asi poder inscribir ao resto de xogadores e adaptarse as novas esixencias da Liga.

"Había que buscar unha solución para poder inscribir aos compañeiros. O clube foi a que nos propuxo e aceptamos", destacaba en rolda de prensa Pita. Iriome, Herrera e Seoane, foron outros dos albivermellos que fixeron o mesmo. Paralelamente, o clube ven de anunciar a súa renovación ata o 2021 ( Pita, Seoane e Herrera) e 2022 ( Iriome)

Tras ese acordo, Pita ve más preto o soño de retirarse vestivo de branco e vermello "Cheguei hai once anos, estana desmotivado e desilusionado e aquí medrei. Nunca pensei que puidera estar aquí tantos anos"

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?