CULTURA

A Deputación de Ourense farase cargo do Museo do Entroido de Galicia

O goberno provincial presentará no pleno de setembro un convenio de colaboración no concello limiao que facilitará a pertura permanente e a dinamización do espazo

O goberno provincial, presentará no pleno de setembro un convenio de colaboración co concello limiao. /

Manuel Baltar afirma que o museo '' contribúe a poñer en valor o entroido, impulsar iniciativas investigadoras e recuperar a historia desta festa ancestral''.

A Deputación de Ourense farase cargo en 2019 da xestión do Museo do Entroido de Galicia, en virtude dun convenio que asinará co Concello de Xinzo de Limia, vila na que se sítúa este centro expositivo, facilitando así a apertura permanente das isntalacións e dando resposta a unha vella aspiración da vila limiá, como é ser a testemuña galega dunha festa ancestral con fondos raíces na provincia de Ourense.

O convenio, que se presentará no pleno ordinario desde mes de setembro, ven de ratificar o compromiso da institución provincial cunha das manifestacións culturais e pupulares máis importantes de Ourense, como é o Entroido, pois xa en 2016 a Deputación asinara outro documento de colaboración con Concello de Xinzo, aportando dous técnicos para dar pulo a este espazo expositivo.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?