Un Lugo pouco lúcido que non reaccionou a tempo

A entrada de Herrera e Lazo reactivou o partido, pero non foi suficiente

CD LUGO-RAYO /

O CD Lugo volve a casa coas máns baleiras e con sentimentos encontrados no seu xogo. A cuarta xornada desta Liga 1,2,3 sáldase para os de López sen sumar un só punto ó seu casilleiro. O rival, o Majadahonda, non lle debería ter xerado tanto perigo aos albivermellos. Un conxunto recén ascendido, pero que demostrou unha maior verticalidade que o Lugo e que lle fixo perder, por primeira vez en moito tempo, a posesión do balón ao concuxto lucense na primeira metade de xogo

Na primeira parte, o equipo da cidade amurallada estivo pouco lúcido no terreo de xogo. Erros na defensa, sen apenas crear situacións de perigo e con pouco xogo co balón. Dende que o balón botou a rodar sobre o Wanda, o Majadahonda fíxose co partido. Nun dos contínuos despistes do Lugo,  chega o gol. Dongou, o dianteiro albivermello, perde o balón no medio campo ante Óscar, quen da unha asistencia impecable a Aitor García. O dianteiro madrileño non desaproveitar a ocasión e este pega un zapatazo dende a frontal da área que Juan Carlos non puido parar.

Ante o 1-0 o Lugo intenta apretar e xerar situacións de perigo. Iriome, nun cabezazo puxo en apuros a Basilio, que, finalmente, sacaba o balón. Xusto antes de pitar o final da primeira metade, o Lugo tivo  outra das poucas oportunidades en botas de Pita. O capitán botaba unha falta que marchou rozando o palo dereito da porteria.

Na segunda parte, os de López recuperou a posesión do balón e as ocasións de gol comezaron a chegar nas xogadas a balón parado. A incorporación de Herrera e Lazo reactivaron o partido, pero non foi suficiente. Os últimos dez minutos de partido foron  os máis favorables para o Lugo. Lazo tivo a ocasión de facer o empate nos últimos intres de partido, pero non foi quen de rematar dende a liña de gol un córner que podía poñer a sumar no Wanda.

Agora, a mirada posta no partido de Copa, que se desputará este xoves en Albacete e na quinta xornada de Liga. Xa na casa, o conxunto albivermello cruzarase co Real Oviedo. Será ás catro da tarde.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?