Deportes
CD Lugo

O Lugo segue na Copa grazas a rendabilizar as súas oportunidades

Os albivermellos vencen ao Albacete 2-3 e pasa á terceira rolda do torneo

Copa do Rei / La Liga

Lugo

O CD Lugo pasa á terceira ronda da Copa. Os albivermellos vencían ao Albacete no Carlos Blemonte 2-3. No terreo de xogo estivo un Lugo moi diferente ao que viñamos vendo na Liga 1,2,3 , xa o prometera o técnico catalán a semana pasada, "en copa estarán jugadores nuevos". Neste primeiro encontro de Copa para os de López puidemos ver a Azeez de novo sobre o terreno de xogo e tamén ao central portugués Miguel Vieira.

O Lugo segue tras esta primeira victoria cara a dienate na Copa grazas a súa efectividade. O conxunto albivermello soubo rendabilizar as tres oportunidades que tivo facendo, así, un gol por cada unha delas.

O partido púxosolle e cara os de López cun gol tempraneiro de Lazo no minuto 2, que aprobeitaba un desaxuste na defensa abacetense. Pouco lle durou a alegría aos albivermellos, o Alba, oito minutos despois, devolve as tablas ao mercadur. Nun man a man de Ortuño con Varo, o gardameta lucense pouco puido facer para evitar que o balón acabase no fondo da malla. Un gol con polémica ante unha posible falta sobre Azeez no medio do campo que o colexiado non pitou.

O tanto que lle permitía ao Lugo marchar ao vestiario como gañador metíao en propia porta Chus Herrero. Pola banda esquerda púxoa Luis Ruíz no punto de panlati para que Dongou. O dianteiro lucense non chega a tempo para rematar, pero nun intento de despexe o central albacetense mete a perna e marca ese gol en propia porta.

Na primeira metade o Lugo foi inferior ao Albacete, non tivo a posesión do balón e o Albacete xerou moitas máis ocasións de perigo, Ainda así, á volta do descanso os de López recuperaron o dominio do xogo. Un Lugo máis ordenado e chegando a área contraria con maios facilidade. O gol da victoria estivo en botas de Muñiz cun espectacular libre directo. O balón nin rozou na barreira e entrou directo pola escuadra esquerda do gardameta albacetense.

O Albacete perlexou por remontar o partido, e no desconto, a uns segundos de rematar o partido Rey Manaj anota o segundo para o equipo local, pero non servíu para remontar un partido no que o Lugo foi eficaz e efectivo nas súas oportunidades.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00