Deportes
CB breogan

A falta de confirmación, todo apunta a que Norel terá que ser intervido

A reacción do holandés ao tratamento de infiltración no xeonllo esta semana era definitiva

Norel / CB Breogán

A semana non comeza de todo ben para o Cafés Candelas Breogán. Malia a victoria nas seminifnales de Copa en Marín, contra o Leyma Coruña, os celestes ven empañada esta alegría pola posible intervención quirúrxica de Norel. A pasada semana, o clube daba a coñecer a situación médica do xogador holandés. Debido a unha lesión no xeonllo producida nos adestramentos de verán, Norel e os profesionais do equipo avogaron por unha infiltración e ver como reaccioaba ao tratamento. O prazo para decidir se operar ou non era dunha semana, e polo de agora, a falta de confirmación oficial, todo apunta a que Norel non evoluciona como debería.

De seguiren así, o xogador do CB Breogán pasaría polo quirófano para limpar o cartílago e estaría de baixa uns tres meses. A lista de enfermaría do Breo, polo de agora, segue a tope.  Con todo, pode ser que Brown se incorpore pronto ao conxunto, pois nas semifinais da Copa Galicia, malia non xogar, fixo os exercicios de quecemento.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00