Sociedad
Movilidad urbana

As rúas para os peóns

Actividades deportivas, culturais e a reivindicación das rúas de Ourense como espazo para os peóns centran o programa de actividades da Semana da Mobilidade

Logo de la Semana europea de la movilidad / Union Europea

Ourense

Actividades deportivas, culturais, e sobre todo a reivindicación das rúas como espazo para os peóns serán os eixos principais da programa de actividades “máis ambicioso presentado polo Concello de Ourense con motivo da Semana Europea da Mobilidade, que terá lugar entre hoxe día 17 e o 23 de setembro”.

Así, toda la semana estará prohibido aparcar nas rúas Concordia, na Avenida de Bos Aires até Valle Inclán e en Bedoya até Valle Inclán. Os vehículos só poderán circular por estas rúas.

No Día sen coches, o 22 de setembro, só poderán entrar nos garaxes ou parkings, e haberá carga e descarga nas rúas: Concordia, Valle Inclán até a Avenida da Habana, Ramón Cabanillas até Avenida da Habana e Bos Aires até a Avenida da Habana. Ese mesmo día, a rúa Pardo de Cela estará cortada ao tráfico entre 10:00 e 20:00 horas para a realización de actividades.

Entre as actividades programadas destacar a exposición fotográfica “Combina e Móvete”, organizada en colaboración con Viaqua, na rúa Curros Enríquez (fronte á Subdelegación de Goberno) que presentará imaxes fotográficas de persoas ou empresas ourensanas que apostan polo transporte ecolóxico ou por ir ao traballo camiñando.

Tamén unha charla informativa no Centro Cultural Marcos Valcárcel, hoxe luns 17 ás 19:00 horas, para dar a coñecer o proceso Móvete por Ourense co que se pretende impulsar novos hábitos de mobilidade entre a cidadanía. O concelleiro agradeceu a “colaboración e participación dos grupos políticos e dos veciños” neste proceso e abogou por “seguir traballando con unidade para que a mobilidade sexa cousa de todos na cidade”.

Ademais esta semana haberá charlas educativas sobre mobilidade sostible e talleres de educación viaria en diferentes centros educativos da cidade. Tamén dirixido á cativada haberá un circuíto viario en varias zonas da cidade (explanada da Policía Nacional, San Mamede, Basilio Álvarez, diante da Policía Local).

As tardes do 17 ao 21 de setembro haberá obradoiros con monitores nas rúas peonís Xoaquín Lorenzo e Cardenal Quevedo; un circuíto para realizar ginkanas de bicicletas e contacontos en diferentes zonas da cidade, nos barrios e parques infantís. O 19 de setembro na rúa do Paseo os alumnos dos colexios da cidade realizarán un “flash mob”. A programación complétase o día 22 de setembro cun circuíto de ginkanas de bicicletas e contacontos, na rúa Pardo de Cela.

As actividades deportivas concentraranse o 22 de setembro na rúa Pardo de Cela, na que haberá partidiños 3x3 de fútbol nas categorías infantil e cadete e exhibicións de hóckey e patinaxe a cargo da Escola de Patinaxe Ourense, entre outras.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00