Últimas noticias Hemeroteca

O Lago de Castiñeiras estará selado en dúas semanas

  • Comezaron as obras para reparar as distintas fisuras que provocaban que o Lago se quedase sen auga no verán
  • Para outubro agárdase que Castiñeiras recupere o seu caudal habitual

O Lago de Castiñeiras loce estes días una estampa inédita, xa que foi valeirado completamente para poder facer nel unas obras que poñan fin ás fisuras que se foron producindo no lago dende que este se construíu nos anos cincuenta.

As actuacións son un tanto complexas debido ao lodo que hai no fondo, pero dende a concellería de Medio Ambiente de Marín agardan que as obras estén rematadas en dúas semanas, e que en un mes o lago volte a ter o seu caudal habitual.

O muro de formigón e o selado das fisuras custarán uns dez mil euros, ainda que a concelleira Marián Sanmartín quere ser cauta e cifra o importe máximo en torno aos vinte mil, debido ás dificultades que están atopando os operarios no terreo. Ademáis desde o concello anuncian un parque infantil para a contorna, coa idea de recuperar a afluencia de visitantes que tivo o Lago de Castiñeiras nos mellores momentos.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?