VÍDEO VÍDEO La ministra de Transición Ecológica, Teresa Ribera, en 'Hora 25'

"Pode que sexa un dos últimos goles que meta" Carlos Pita

O capitán do equipo albivermello marcou dende a medular do campo

CD Lugo - Zaragoza /

"Probablamente sexa un dos últimos" Asi fala o capitán do CD Lugo sobre o gol que marcou fronte o Zaragoza. Foi pura maxia, dende 50 metros de distancia, Pita pega tal zapatazo ao balón que o gardameta arxentino do conxunto maño nin a viu pasar. Foi directa ao centro da portería para rematar no fondo da malla."Vin a Crsitian adiantado e tratei de aproveitar a situación. Dinlle co empeine de pé porque sabía que tiña que pegarlle ben ao balón para que Cristian non puidera chegar. Tiven a sorte de marcar ese gol e, sobretodo, nun escenario coma o da Romareda,  explica o capitán.

Se ben é certo, non é a primeira vez que Carlos Pita da a sorpresa. Leva xa máis de douscentos partidos ás súas costas vestido de albivermello e, como media, o mediocampista fai dous ou tres goles por campaña. "A verdade é que sempre teño a sorte de marcar algún gol. Hoxe foi desta maneira, estabamos  ben no partido, pero non materializabamos as chegadas que estabamos tendo e a partir de aí afrontamos o partido con máis tranquilidade", explica. Marcar dende a meludar do campo parece que se consagra coma tradición no equipo amurallado. O ano pasado facíao o porteiro, Juan Carlos, dende os setenta metros. Este ano foi a quenda de Carlos Pita, pero sen dúbida, no Lugo, hai maxia.

Os blanquillos topáronse cun Lugo con sede de vitoria e que poñía rumbo a Zaragoza coas cousas claras. O binomio de Josete e Vieira funcionou moi ben e abrir a lata do CD Lugo foille imposible ao Zaragoza. "Penso que fumos nós quenes cortocircuitamos ó xogo do Zaragoza con esa forma de defender tapando as liñas de pase por dentro e sacando partido ás contras".

Os pupilos de López tiveron oportunidades para marchar ao descanso con dous ou tres puntos máis no marcador. Herrera, Dongou e Iriome  tiveron o segundo nas súas botas. Porén, as sensacións no vestiario non eran as de perdoar varias oportunidades, máis ben  a de: "Saír fortes e aguantar. Tivemos a sorte do gol de Dongou que nos deu a tranquilidade xa definitiva".

Agora, toca estar pendentes da evolución física dos de López: Campabadal, que quedaba fora da convocatoria por sobrecarga nos adutores, Aburjania, que abandonaba o campo con molestias nun xemelo, ainda que todo parese apuntar a un calabre, e Kravets, que tamén se retiraba levando a mán ao seu cuádriceps.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?