Redivo, Cvetkovic e Belemene ilusionados na súa nova etapa celeste

O pivot sustituto de Norel está en camiño, pero o clube non quere facer declaracións ate pechar a operación

Presentación oficial novos xogadores /

O CB Breogán presenta, oficialmente, a tres das súas novas fichaxes: Cvetkovic, Redivo e Belemene. Os tres coinciden no esforzo e no traballo que terán que realizar para que o equipo de o tipo no seu regreso á ACB. Malia que a precampaña non arrincou como lles gustaría, por mor das lesións de gran parte do plantel,  di Cvetkovic que " el equipo tiene talento sufienciente para jugar en la Liga ACB". O arxentino, Lucio Redivo, que no derradeiro partido de pretempada, contra Fuenlabrada anotou nada menos que 23 tantos dos 88 que fixo o Breo, di que xa está dentro da dinámica de traballo de Lezkano e agarda que esta tempada lle serva para afianzase na categoría. "Es mi segundo año en ACB, el salto de LEB a ACB es muy grande, el año pasado fue una experiencia totalmente nueva para mi, pero ahora toca afianzarme", explica o arxentino.

Vello coñecido da Liga Endesa é Belemene. Estivo xa varias temporadas no máis alto do baloncesto co Málaga, pero regresa dun xeito diferente. "La ACB es una de las mejores categoría del baloncesto. Vuelvo von más madurez y pensando en jugar con humildad y con ganas de ganar", di.

Pola súa banda, o director deportivo, Quique Fraga, cre que os tres teñen algo que aportar ao equipo e confía en que así o fagan. De Cvetkovic destaca a súa  capacidade para o pick and roll, de Redivo a velocidade e a puntería, e de Belemene agarda un importante salto de calidade coma xogador.

 

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?