Últimas noticias Hemeroteca

"Buscamos el triunfo", Javi López

O CD Lugo chega coa única baixa de Borja San Emeterio ó encontro fronte ó Mallorca

Javi López en rolda de prensa /

A sétima xornada desta División de prata xa está a petar na porta. Este sábado, o Anxo Carro recibirá ao Real Club Deportivo Mallorca ás catro da tarde, iso si, para non romper coa tradición deste ano, nada menos que a trinta graos de temperatura. O míster, Javi López móstrase orgulloso do xogo realizado na Romareda polos seus chicos, pero subliña a boa actuación do conxunto, tamén, ante rivais coma o Granada ou o Numancia. "Creo que hemos hecho partidos buenos como el de Granada y el Numancia. Claro que el de Zaragoza se jugó bien y viene con la guinda del resultado."

O técnico catalán non quixo dar detalles do xogo que presentarán os albivermellos este sábado, pero quere manter a solidez defensiva ao mesmo tempo que dar continuidade ao xogo co balón.

Diante un rival histórico da primeira división, o Real Club Deportivo Mallorca. "He seguido bastante al Mallorca, suelen jugar con el 4-4-2, tienen las ideas claras y el bloque se ha mantenido, lo que es una ventaja a la hora de consolidarse como equipo". Cada partido e cada rival son diferentes, pero López di que : " Buscamos el triunfo. Jugamos ante nuestra afición y nos gustaría complacerles con una victoria".

De novo, explica o míster, facer a convocatoria volver ser un quebracabezas. Agás Borja San Emeterio, pendente desa operación no xeonllo, toda a plantilla está en condicións de xogar. "Todas las semanas la gente trabaja muy bien, por lo que cuesta hacer las convocatorias, pero todos tendrán su momento".

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?