Últimas noticias Hemeroteca

"Estoy hundido. Sé el trabajo que hay detrás y lo que significaba este partido"

Un erro nos videomarcadores fai que se suspenda o partido e que se retrase o regreso do Breogán á ACB

Suso Lázare comparece en rolda de prensa /

O 30 de setembro do 2018 será unha data para recordar en Lugo. O Pazo Universitario recibía a unha marea celeste disposta a ver ao CB Breogán, de novo, no máis alto do baloncesto español, pero o soño dos lucenses veuse truncado. O partido contra o Divina Seguros Joventut, previsto para arrancar ás cinco da tarde, retrasábase por un erro nos videomarcadores. O que parecía ser un fallo solventable, algo meramente informático que se arranxaría rapidamente, non o foi.  Tras máis de corenta minutos buscando solucións, o partido, finalmente, suspendeuse.

Entre berros e indignación, as máis de catro mil persoas que coloreaban o Pazo abandonaban o recinto. Caras de poucos amigos entre os xogadores dos equipos e lágrimas nos ollos de Suso Lázare. O presidente do CB Breogán levábase as máns á cara e, visiblemente emocionado, pedía perdón á afeccionados, medios de comunicación e á Liga Endesa, polo sucedido."Estoy jodido, hundido. Sobretodo por el trabajo que hay detrás y por la ilusión que significaba este partido. Somos el breogán y nos levantaremos", decía entre lágrimas el presidente de los celestes.

Tras reiniciar varias veces o sistema, "la consola de los árbitros no enviaba señal al ordenor, el que distribuye la señal a los videomarcadores. Se intentó solucionar poninedo otros aparatos de 24 segundos para controlar la posesión, pero al final no fue suficiente para que el partido se pudiera jugar". Explica Lázare que este feito pillounos completamente por sorpresa, pois os marcadores levaban funcionando "perfectamente" dende hai días e esa mesma mañá tamén o fixeron.

O Breogán pelexou até que non houbo outra solución que o emprazamento do partido."Los árbitros dijeron que era posible utilizar unos marcadores de cuenta atrás para controlar la posesión y que el speaker fuera cantando los resultados, pero... esto es cosa de tres y al final no se pudo jugar", argumenta el presidente. Engade que se lle devolverán os cartos a todos aqueles que mercasen a entrada ou se lles reservara outra para cando se celebre o encontro pendente, que polo de agora non ten data.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?