Deportes
CB breogan

"Ha sido un palo, pero hemos tenido un día más para entrenar", Christian Díaz

O canario insiste en que o equipo está centrado, únicamente, no partido contra o Iberostar Tenerife

Christian Diaz en rolda de prensa / CB Breogán

Lugo

Non hai mal que por ben non veña. Esta é a máxima que reina no vestiario celeste tralo frustrado arrinque de tempada o pasado 30 de setembro, por mor dun erro nos videomarcadores. O Clube emitirá un informe á ACB explicando que os problemas "que ocasionaron el aplazamiento del partido se han localizado en la conexión entre la consola de oficiales y el ordenador central del sistema", explican. Agora toca agardar pola determinación do xuíz único, quen decidirá se haberá, ou non sanción para o CB Breogán. Pero o pasado, pasado é e a nada frena o ritmo da competición: Por diante dúas citas fora da casa.

O Cafés Candelas Breogán xogará este xoves día catro contra o Iberostar Tenerife, un equipo que, segundo Christian Díaz, "ha pegado un salto de calidad importantísimo", e engade que "son un equipo que ten un xogo pausado e que cun gran pick and roll". O base recoñece que o aprazamento do primeiro partido desta Liga Endesa foi "un palo muy duro", pero o vaso hai que velo medio cheo. "De todo hay que sacar algo positivo, nos ha dado un día de entrenamiento qur no nos viene mal después de la pretemporada que hemos vivido", sentencia.

Mesma perspectiva ten o coaCh, Natxo Lezkano. "Fue una faena, habíamos preparado mucho el partido, pero este retraso nos permite llegar mejor físicamente". Lezkano di que o equipo chegará a Tenerife centrado en xogar e poñer en práctica o traballado nos adestramentos. "Nos vamos a centrar más en nosotros y no tanto en ellos. Ya en la jornada cuatro cambiaremos el objetivo".

Jordam, que xa pisa terras lucenses, estará en ambos encontros, "para refescar" o partido. Á volta tocarálle acoplarse á dinámica e empastar co equipo. Norel, Arco e Úriz son ás baixas incuestionables para estes encontros, Sulemanovic, tamén esta tocado e tanto Kinsey coma Vidal deberían chegar, ainda que non sexa ao cento por cento.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00