Deportes
CD Lugo

O CD Lugo medirase cun primeira dúas décadas despois

Os albivermellos impuxéronse ao A.D Alcorcón cun gol de Escriche no desconto

O vestiario festexa o paso a seguinte ronda / CD Lugo

Lugo

O CD Lugo frusta un novo Alcorconazo. Os ambivermellos mantiveron a dúbida até o último minuto, nunca mellor dito. Escriche, pasado o minuto 92, dispara pola dereita tras unha asistencia de Miguel Vieira. "En cuanto vi que la pelota caía por  la derecha sabía que era gol", dí o xoven xogador.  Pensa que non será o gol da súa vida, aínda lle quedan moitos minutos que xogar e moitos tantos que anotar, pero si un moi especial." Me acordé de toda mi familia y fue dedicado a ellos". O CD Lugo non se cruza cun primeira dende hai vinte e tres anos. Foi no 1995 fronte o Celta. O venres dezanove, a afección lucense sairá de dúbidas e saberá a quen toca recibir. Os posibles?: Getafe, Eibar, Girona, Espayol, Celta, Real sociedad, Alavaes, Levante, Atletic, Leganes, Huesca, Rayo ou Valladolid. Tamén sería posible Betis, Sevilla ou Villarreal, xa que un deles quedará vacanta enfrontarse a un conxunto de Segunda. Cal lles gusta maís? O míster, Javi López teno claro: "Me vale cualquiera, cualquiera al que le podamos ganar", bromea.

Outro dos protagonistas do partido foi Varo. O gardameta deixouse, literalmente, un ollo polo equipo. No minuto catro, nun man a man co ex albivermello, Jonathan Pereira, o xogador do conxunto madrileño deixoulle os tacos na cara. "Lo ha hecho sin querer, imagino, pero me ha dado un buen golpe. Aún así, firmo dejarme un ojo en cada partido si logramos un buen resultado", dí o catalán. Cando todo o Anxo Carro temía polos penaltis, o gardameta estaba "tranquilo". "Disfruto con los penaltis. Es lo que más me gusta, pararlos y tirarlos, asi que, ¿Porque no?"

Malia que o ritmo do partido foi baixo, dous equipos sobre o céspede que se respetaban mutuamente e que apenas xeraban ocasións de perigo. A máis clara do patido estivo en botas de Muñíz que, a uns 25 metros da portería, pegaba un zapatazos e mandaba ó coiro á escadra esquerda da portería, pero un moi acertazo Lizoain, mantiña a portería a ceros. "Hubo oportunidades para los dos equipos, más en la segunda mitad, y nosotros, después, las hemos sabido aprovechar mejor", explicaba o técnico catalán, Javi López, mentres recoñecía sentirse aliviado co tanto anotado por Escriche. "Unha prórroga, con el partido el domingo podría ser un handicap", engadía.

A ausencia de Campabadal e saber quen ocuparía a súa posición foi toda unha incógnita. O míster dera pistas durante a semana pero o certo e que pouco se podía intuír. Finalmente, o catalán optou por darlle o carril dereito a Vieira e deixar coma centrais a Bernardo e José Carlos. Na segunda metade, pola contra, Bernardo sentaba no banquillo, Vieira recuperaba a súa posición natural e Iriome facíase dono da banda. Unha posición pouco habitual para  chicharreño, pero non descoñecida. "Tenemos que buscar alternativa y probar, porque si surge alguna emergencia hay que estar preparados",  dicía ao recordar as lesións de dosu dos tres xogadores propios da posición: San Emeterio e Leuko.

Agora, toca agardar ó que saia do sorteo e que soñar con que no Anxo Carro volverá un primeira duas décadas despois.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00