Últimas noticias Hemeroteca

O CD Lugo respira grazas a Carlos Pita

Os albivermellos alónxanse das posicións de descenso grazas ao 1-0 fronte ao nástic

O equipo celebra o gol de Pita /

O Club Deportivo Lugo respira tranquilo. O partido fronte ó Nástic significaba moito para os pupilos de López. Gañar levaba implícito afastarse dos postos de perigo da táboa clasificatoria, pero perder lanzaría aos albivermellos ás posicións de descenso desta División de Prata. O capitán, Carlos Pita, foi, de novo, o autor do tanto que lle deu a vitoria a un Lugo que comezaba o partido con pouco ritmo, con perdidas de balón, moi presente no medio campo e sen apenas visitas á área contraria.

Pasaban os minutos e os de López comezaban a coller ritmo, tanto que no minuto 41, antes do descanso, Pita pegaba un zapatazo dende a frontal da área para anotar o primeiro a favor dos locais. A primiera parte do partido finalizaba algo tensa. Sergio Gil e Becerra viron un cartón amarelo por encararse xusto ao final da primeira metade de partido. Automaticamente, nada máis comezar a segunda parte, López saca a Gil e entra no seu lugar Aburjania. "Sergio lleva muchos minutos acumulados y quise sacarle antes de que se vaciase por completo", explica o míster.

O CD Lugo puido pechar o partido moito antes. Estivo o segundo para o Lugo en botas de Iriome, Kravets, Escriche e un posible penalti a Campillo que o árbitro non pitou. Un acertado Manuel Barreiro saía do banco do Nástic disposto a revolucionar o partido. Tivo un par de ocasións nas que demostrou o seu poderío aéreo poñendo entre as cordas ao Lugo.

Coa vitoria ante o Nástic o Lugo deixa, por terceira vez consecutiva, tendo en conta o partido de Copa fronte ao Alcorcón, a portería a cero. A parella entre Vieira e Josete consolídase e estalle a dar aos albivermellos a solidez defensiva que tanto faltaba nos primeiros encontros desta Liga 1,2,3.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?