Sociedad
Automoción

O concesionario máis grande de Galicia

O 10º Salón do Automóbil-Vehículo Novo converteu a Expourense durante esta fin de semana no concesionario máis grande de Galicia

O 10º Salón do Automóbil-Vehículo Novo converteu a Expourense durante esta fin de semana no concesionario máis grande de Galicia / Expourense

Ourense

O 10º Salón do Automóbil-Vehículo Novo converteu a Expourense durante esta fin de semana no concesionario máis grande de Galicia ao que se achegaron ó redor de 7.350 visitas para coñecer a ampla oferta que estivo composta por 300 vehículos de máis de 22 marcas de todas as gamas, modelos e prezos. As 16 empresas participantes fixeron unha forte aposta neste salón ampliando as opcións de selección á hora de elixir un coche, xa que a meirande parte deles ofreceron importantes descontos especiais de feira que superaban en moitas ocasión o 30% do prezo de venda no concesionario.

Esta cita conseguiu satisfacer as expectativas dos expositores e, segundo afirman dende A.C.A.U.T.O., “polo momento parece que se superan lixeiramente os datos da última edición”. Os datos finais de vehículos vendidos darase o vindeiro domingo na clausura do Salón do Vehículo de Ocasión, xa que “ao longo desta semana, moitas das visitas que viñeron a Expourense e non se decidiron no momento, pecharán a compra nestes días”.

Cun amplo abano de prezos entre os 9.490 e os 230.000 euros, este salón ofrecía modelos de coches para todas as necesidades. Preguntándolle aos expositores cál foi o modelo máis vendido no salón non pode sacarse unha conclusión clara, xa que se venderon modelos de todas as gamas, se ben parece que destacan os denominados “Crossover” ou SUV e aqueles que ofrecen máis eficiencia e menor consumo.

O 10º Salón do Automóbil continuará a fin de semana que ven (26 a 28 de outubro) coa celebración da edición adicada ao Vehículo de Ocasión no que volverán a estar presentes os concesionarios asociados a A.C.A.U.T.O. As vendas realizadas neste salón tamén estarán incluídas na aportación de 15 euros por vehículo vendido que van facer ACAUTO e Expourense a Cáritas Ourense.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00