Últimas noticias Hemeroteca

"Estamos en mejor disposición para jugar este partido ante el Joventut", Natxo Lezkano

O adestrador insiste na importancia de gañar os partidos no Pazo para acadar o obxectivo da permanencia

Natxo Lezkano en rolda de prensa /

Con moitos mecanismos a nivel ofensivo, un equipo moi traballado e con xogadores talentosos coma Laprovittola ou Dimitrijevic. Así define Natxo Lezkano ao Divina Seguros Joventut, o rival deste mércores 24 do Cafés Candelas Breogán. O  técnico recoñece a "importancia" de gañalos máximos partidos na casa coma este, para acadar o obxectivo da permanencia. "Es un partido muy importante. No es momento de mirar la tabla clasificatoria, sabemos cuál es nuestro objetivo y el camino para lograrlo es ganar los partidos como locales", explica o adestrador.

O Breogán segue lastrado polas baixas. Ás xa máis que coñecidas de Norel, Úriz e Arco, súmanse os problemas de Brown e Sulejmanovic. Ningún dos dous están ao cento por cento do seu rendemento e malia xogar algún minuto non chegan da mellor forma. Pola súa banda, "el Joventut ha recuperado a los jugadores que tenía tocados cuando vino, tiene más ritmo de juego y han empezado las asociaciones del año pasado entre Laprovittola y Birgander". 

De Laprovittola destaca a lectura do xogo que fai e o resolutivo que é."El año pasado llegó con la misión de salvar al equipo y lo hizo fenomenal además tiene  una muy buena lectura de juego, encuentra la solución adecuada siempre", definiu. Outro dos xogadores perigosos do Joventut, di o míster, son Dimitijevic e Todorovic. "Dimitri tiene talento y era cuestión de tiempo que explotara. Todorovic está un poco escondido, pero va a arrancar en cualquier momento", explica. 

O certo é que o Cafés Candelas Breogán ten por diante dúas citas moi importantes nesta Liga Endesa. Dous partidos en casa antes de embarcarse nun mes de novembro con tan só un encontro no Pazo. Máis aló dos erros no plano ofensivo e defensivo, ó Breogán faltoulle "creer que se podía ganar el partido en el Coliseum". Agora, recoñece Lezkano: "Nos hemos dado cuenta, hemos reaccionado bien en los entrenamientos y estamos en mucha mejor disposición para jugar ante el Joventut".

 

 

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?