Últimas noticias Hemeroteca

"El derbi lo tenemos marcado en rojo en el calendario", Natxo Lezkano

Trala derrota fronte ao Joventut (69-76), o Cafés Candelas Breogán se prepara para recibir ao Monbus Obradoiro

Natxo Lezkano /

Tras máis de seis mil días agardando, o derbi no máis alto do baloncesto regresa a Galicia da man do Cafés Candelas Breogán e o Monbus Obradoiro. Sold Out. Ninguén quere perderse un momento  histórico para o deporte galego. Un encontro ao que os equipos chegan dun xeito ben diferente. Ós celestes, como recoñece Natxo Lezkano, lles gustaría "llegar mejor de lo que llegamos. Tener máis tiempo para preparar un partido tan especial y así disfrutarlo más, pero ya lo sabíamos", explica o técnico vasco.

Unha única vitoria neste Liga Endesa para os de Lezkano, fronte ao Movistar, e tres derrotas para o Monbus Obradoiro, "pero contra rivales de categoría contra los que están demostrando su buen juego. Diferente", insiste o adestrador. Chegan cun maior número de rotacións no banco, de feito ó Breogán a mala sorte non deixa de acompañalo. Norel, Úriz e Arco son baixas aseguradas, pero Brown e Sulejmanovic, non estarán ao nivel que deberan. "No juegan con la energía que les caracteriza, pero son problemas, dolor, que no van a pasar de un día para otro".A boa nova é que Jordam se unirá ao equipo. Non o fixo fronte o Joventut porque cando se debera celebrar o partido ( 30 de setembro), non tiña oficializada a súa fichaxe.

O máis perigoso do Obradoiro son, para Lezkano, os seus xogadores. Insiste en que "Todos son muy polivalentes, tienne una rotación muy, muy larga.Va a haber un ambiente espectacular. Va a ser una fiesta del baloncesto. Sabemos que es un equipo que va a luchar por entrar en playoff". Que o derbi sexa no Pazo é u aliciente para os celestes. O coah insiste en que a afección daralles o pulo que precisan para facer coa vitoria na casa que tanto agardan. " Es un día que tenemos marcado en rojo en el calendario".

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?