Últimas noticias Hemeroteca

Collendo forzas para o encontro fronte ó Alcorcón

O plantel albivermello e o corpo técnico gozaron dun xantar de confraternidade antes do partido vindeiro

O CD Lugo posa trala comida /

Hai quen espanta os males bailando, e hainos que o fan comendo. Conxura do CD Lugo antes do partido do sábado día 10 fronte á Agrupación Deportiva Alcorcón. O plantel ao completo e os membros do corpo técnico gozaron dun xantar de confraternidade antes de medirse co conxunto madrileño no Anxo Carro.

A familia albivermella visitou a Parrillada Antonio nesta primeria xuntanza do grupo co novo míster, Alberto Monteagudo, e o seu segundo, Juanlu Bernal. Un encontro no que todos uniron forzas cara ó partido fronte ó conxunto de Cristobal Parralo, un dos grupos máis en forma da categoría.

Mañá venres, derradeito adestramento antes do partido da décimo teceira xornada da Liga 1,2,3. Como xa se veu facendo ó longo da semana, será no campo do Ceao ás dez e media da mañá.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?